Último día de clase antes das vacacións de Semana Santa e excursión. Unha boa forma de comezar o periodo de vacacións. Tocou ir a Santiago, pero con certas novidades respecto a outras visitas á cidade do Apóstol. Comezamos o percorrido na praza do Obradoiro e de aí, ás cubertas da catedral. Divididos en dous grupos, ó meu tocounos unha boa guía, Laura, que nunha hora fixo moi interesante a visita. Da historia da catedral, fomos a algo máis recente, á Cidade da Cultura, situada no monte Gaiás. Salvo Dani, o cura, que nos acompañou durante o percorrido,para todos os demais era a primeira visita. Todos quedaron "maravillados" da "rampa" na praza principal do complexo. Tamén tivemos sorte co guía, Miguel Cajigal, da Coruña, que pese a hora (era o momento anterior a comida) mantivo mi vivo o interés de todos na visita.
Despois, todos a comer en Area Central; que prisas por entrar no MacDonald´s; algún valiente incluso comeu en dous sitios. O fin da excursión foi en Ponte Maceira, outro lugar ó que ningún fora e que a todos lles pareceu digno de visitar. Deixome de rollos e poño as fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario