sábado, 27 de febrero de 2010

Máis mapas mentais dos alumnos de 3º ESO A

No medio do temporal, da tormenta perfecta como din na tele, aproveito para publicar os últimos mapas enviados polos alumnos de 3ºA.






viernes, 26 de febrero de 2010

A úlima das fotos

Acabamos a actividade das fotos con esta que nos pasa o grupo de Laura Naya. Neste caso aparece o avó de Natalia Bello, o segundo empezando pola dereita. Como supoño que sabedes todos, foi o director do antigo colexio e unha das personalidades maís importantes do Concello, do que incluso foi alcalde. Toca saber onde está


Outra máis

Este guaperas que nos aparece nesta foto é o avó de Zaida. Supoño que vos sona por ser o dono da tenda de Deportes San Remo. Pero antes da tenda, o seu negocio era outro e estaba noutro lado. Tócavos acertar onde

Máis fotos con historia

Outra foto con historia, neste caso tratase dunha familiar de Nerea. Non é a avoa. Pero do que se trata é de saber onde se atopa, que neste caso é moi doado.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Fotos con historia

Tócalles agora o turno ós alumnos de 4º de ESO no que se refire a súa participación no blog
A actividade consiste en recoñecer a rúa do noso pobo onde está tomada a fotografía. Simplemente por mandarma e por que saia publicada xa tedes ese reforzo na nota do mes; si ademais logrades que ninguén acerte coa rúa, o premio será o doble.

Para participar cada grupo debe seguir os seguintes pasos:

1º-Rexistrarse en google ( si tedes conta en gmail xa está) para poder participar cos comentarios.
2º-Cada grupo so poderá dar unha resposta por foto, co cal pensadeo ben antes de escribir.


FOTO ANTIGA 1-Lino Torres

Os irmáns Torres Gelardi envían esta foto do seu avó, Lino Torres, tomada o 15/03/1955. A ver si sabes onde está esta rúa





















FOTO ANTIGA 2-GRUPO ALEX DÍAZ

O grupo de Alex mandanos a segunda das fotos. Non precisan nin o ano, nin dan datos acerca dos seus integrantes.
Alex tamém tivo a paciencia de mandar outra foto; aver si nalgún dos comentarios nos pode dicir quenes son os que aparecen na imaxe

















FOTO ANTIGA 3

Agora é o turno do grupo de Cristián Gómez, a quen invito a que nos de algunha pista ou información sobre que sae na foto.

martes, 23 de febrero de 2010

Traballos 3ºA

Tocalle o turno agora ós de 3º A. De momento so os entregaron catro alumnos, pero ata o mércores aínda hai tempo


PLANO DE FERNANDO MARIÑO


PLANO DE CARLOS FUENTES

lunes, 22 de febrero de 2010

Mapa físico mudo de España

Para os que aínda non conseguiron o mapa físico mudo de España, deixovos no blog este para poder facer a práctica


Traballos dos alumnos de 3º B

Na clase práctica do pasado venres, a actividade consistía en facer un plano do barrio onde cada un dos alumnos vive. Seis valientes mandaron as súas propostas e aquí publico os seus planos e tamén subo a nota que lles prometín para este mes.



PLANO DE ALEJANDRO CALVETE









PLANO DE ANA SUÁREZ







PLANO DE ADRIÁN VILANOVA







PLANO DE SERGIO CEBRAL








PLANO DE NOELIA EIRÍS









PLANO DE NOELIA GARCÍA

jueves, 18 de febrero de 2010

Liña do tempo dos felices anos 20

Aquí vos deixo unha liña temporal onde aparecen algúns dos principais acontecementos destes anos, cun guño ós Simpsom jeje

lunes, 15 de febrero de 2010

Para ir preparando o tema de Historia

Para ir entrando en materia, deixovos estes certo que teñen moito que ver co tema que estamos estudiando.
En primeiro lugar subo esta excelente presentación feita por Juan Diego, onde nos reflexa con imaxes e con esquemas o que pasou nos anos 20, nos felices ano 20, onde se pasou do luxo e do "todo vale" a unha situación crítica tanto a nivel social como económico.



Con toda a problemática económica e social, nacen e expándense como setas as ideas fascistas, que se aproveitan do descontento popular para captar adeptos. Supoño que todos coñeceredes ós principais exponentes desta corrente política, Hitler e Mussolinni.Neste primeiro video pertence a película "O Gran Dictador" dirixida e protagonizada por Charles Chaplin. Esta escena é da primeira parte da película, unha parodia dos disursos de Hiler. Se non me equivoco, de toda a parrafada que solta, tan so di dúas palabras en alemán, o resto é inventado.

Esta é a ficha técnica:

Título original: The great dictator
Dirección, producción y guión: Charles Chaplin (Estados Unidos, 1940)
Fotografía: Karl Struss y Roland Totheroh
Música: Meredith Wilson y Charles Chaplin
Dirección artística: J. Russell Spencer
Montaje: Willard Nico
Interpretación: Charles Chaplin (El barbero judío / Adenoid Hynkel, dictador de Tomania), Paulette Goddard (Hannah), Jack Oakie (Benzino Napaloni, dictador de Bacteria), Reginald Gardiner (Schulz), Henry Daniell (Garbitsch), Billy Gilbert (Herring), Maurice Moscovich (Señor Jaeckel), Emma Dunn (Señora Jaeckel), Bernard Gorcey (Señor Mann).
Duración: 124 minutos



Outro dos "simpáticos" do cine, Roberto Benigni, italiano, t
amén se atreveu a traducir algo ó alemán, sen ter nin idea de nada. Nesta película, "La vida es bella", vemos como os nazis tiveron a idea de aniquilar a certos grupos étnicos, entre eles ós xudeus. Para logralo, crearon campos de concentración nos que se calcula que morreron máis de seis millóns de persoas.Deixome de lerias e deixovos o video e desto xa falaremos na clase:



Para rematar con esta visiónn xeral do tema, deixovos esta presentación onde aparecen claramente marcadas as principais características do fascismo.

viernes, 12 de febrero de 2010

Pasadeo ben no Entroido

Tanto os de terceiro como os de cuarto xa pasachedes a semana do examen e agora toca disfrutar nestes días que temos de descanso. Para non agobiarse coas notas nin con nada de estudiar, deixovos este video dun ex-alumno do colexio, Antón. Non ten nada que ver con estas asignaturas, pero está ben para pasar o rato e para que vexades o que vos toca para final de curso.

martes, 9 de febrero de 2010

Outra ocasión para repasar o examen

Sigo con algo de tempo libre e engado esta excelente presentación sacada da páxina do IES San Isidro de Madrid, que temán pode servir para preparar o exame de mañán.

Para preparar o examen de mañán

Supoño que estaredes todos cos nervios do examen. Para os que aproveitedes o tempo de descanso para entrar no blog, deixovos esta presentación onde aparecen recollidos as ideas máis importantes que van a caer no examen. SORTEEEEEEE
Geografia Urbana Ana Rey Lama (EspañOl)