domingo, 20 de mayo de 2012

Pista para o examen do martes

O 27 de decembro de 1978, o Rei asinaba o documento máis importante da nosa historia máis recente, coa presencia, como vedes na imaxen, da súa muller, a raíña Sofía e do seu fillo Felipe. Con esa sinatura, a vida dos españois cambiaba o que se deu en coñecer como "longa noite de pedra" para dar paso a unha etapa histórica que se chamou da Transición. Sorte coa pista e ánimo que xa queda menos para o examen do martes

viernes, 11 de mayo de 2012

Patricia Regueiro, gañadora do concurso de Arde la Calle

Hoxe temos que darlle a noraboa a Patricia, alumna da clase de 3º B, pois unha das súas fotografías foi a gañadora do safari fotográfico "Arde la calle" organizado polo centro sociocultural Ágora. O premio: dúas entrada para ver mañán no Coliseum ó cantante Leiva

martes, 8 de mayo de 2012

O ano 1982 en España

No ano no que rematamos hoxe a clase de Historia, xogouse o Mundial de Fútbol no noso país. Non vos vou a dicir a clasificación da nosa selección, pero si que vos comento que unha das sedes mundialistas foi Galicia. Varios partidos disputáronse no estadio de Riazor e no de Balaídos. A celebración do Mundial permitiu reformas ambas instalacións e para os seguidores do deporte rei, ver en accción a algún dos mellores futbolistas dos anos oitenta. Para rematar, a selección campeona do Mundial sería Italia, que xogou en Galicia os seus partidos da primeira fase