viernes, 17 de diciembre de 2010

Pasadeo ben na cena, pero con coidado...

Supoño que vos estaredes preparando para a cena desta noite; non é por fastidiar, pero xa tedes evaluadas a actividade 6 e na vosa conta de correo de gmail tedes a nota da primeira entrega do plan de empresa. Botadelle un ollo e algúns tedes que contesar a algunha pregunta que vos fago.

Pasadeo ben...

jueves, 16 de diciembre de 2010

Sobre o imperialismo


Unha pregunta para os alumnos de 4º de ESO, para ir preprando con máis profundidade o tema do imperialismo. Toca dicir a que película pertence este fragmento ( a ver como andamos de inglés jaja). Despois, quereo que me digades a que que batalla ou episodio da historia fai referencia. Espero as vosas respostas



martes, 14 de diciembre de 2010

Outra forma de explicar o crecemento da poboación mundial



Xa sei que estades un poco liados cos exames, pero para ir preparándonos para o teme seguinte non está nada mal este explicación sobre o crecemento da poboación mundial. Espero os vosos comentarios sobre este peculiar xeito de explicar este tema

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Xa queda menos...4º ESO


Un día, nin máis nin menos para o primeiro dos exames que vos esperan neste mes de decembro. Dígovos ó mesmo que os vosos compañeiros, proba moi práctica (son tres folios co cal é fácil deducir por onde van os tiros). Dúas cousas; unha, coidado coas datas no tema de historia do noso país e ollo co personaxe da imaxen.

Xa falta menos...3º ESO


Un día; mañán a estas horas estaremos metidos na sala de usos múltiples facendo o último examen do trimestre. Poucas pistas vos podo dar porque é unha proba práctica.Non vos olvidedes do material necesario:
  • Papel milimetrado
  • Calculadora
  • Cores
  • Regra
  • Transportador de ángulos
Deixovos unha imaxen para que asociedes co explicado nun dos temas