Xa preparados para o último esforzo do curso, para as últimas seis semanas de traballo, si ben este vai a ser duro, moi duro. E tanto porque o mércores xa temos o primeiro examen os de 4º de ESO. Mentras ledes as pistas, podedes oír un pouco da miña música e agradecer a Noe por ter preguntado o das pistas; si non é por ela, quedadesvos sin elas e neste caso teñen moita importancia.
O examen vai a ser un pouco raro; de momento teño sete preguntas cortas, aínda que me faltan un par delas para completar a "parte normal". A outra parte vai a ser co proxector e aquí veñen as pistas: polo menos hai doce imaxes do tema que van a entrar no examen. Para ter unha preparación perfecta da proba, debedes de ter moi claro o nome dos principais personaxes explicados na clase. Mañán falamos na aula...
No hay comentarios:
Publicar un comentario