martes, 1 de febrero de 2011

Hoxe estase a escribir unha páxina da Historia



Acostumbrados a oír nos medios de comunicación, tradicionais ou non, noticias que sempre se califican de "históricas" e das cales despois ninguén se acorda, estos últimos días estamos a ter a sorte de estar nun proceso que será recordado, non sei si para ben ou para mal, por moitos anos. A revolta que está a sacudir a boa parte dos países árabes e que comezou en Túnez leva camiño de convertirse nun acontecemento que aparecerá nos libros de Historia con letras maiúsculas. Aínda que non entendades moito do que está a pasar, recoméndovos que vexades a tele, que leades os periódicos (os de deportes non contan), que "naveguedes" en internet para saber un "pouco" de que vai todo este movemento.

Un par de enlaces para seguir o que está a pasar nestes momentos:



No hay comentarios: