lunes, 28 de noviembre de 2011

Para o examen do xoves

Despois duns cantos días volvo a retomar o blog para darvos algunha indicación para o exame do xoves. Como vai sendo norma e normal o primeiro dos exames de avaliación é o de Xeografía, o cal por unha partye é bo, pois deixades de lado unha materia densa, pero por outra parte é malo, pois podíase comezar con algunha asignatura ménos complexa.
Para o exame do xoves necesitades o seguinte material:

a) Calculadora ( si, pese a ser un exame de Xeografía fai falta a calculadora)

b) Atlas (coidade co Atlas, pois facedes o examen os dous cursoas ó mesmo tempo)

Como pistas para o exame, poucas vos podo dar, pois a materia en sí non é demasiada, pero con estas dúas imaxes penso que podedes sacar algunha cuestión. Sorte....



No hay comentarios: