jueves, 27 de mayo de 2010

Ano Santo 2010

Onte, 26 de maio, fomos de visita a Santiago de Compostela. Nada máis e nada menos que douscentos alumn@s acompañados por doce profesores e con Dani de guía, tanto "espiritual" como turístico jeje. Día longo porque aproveitamos para ir á misa do peregrino na catedral. Deixovos un enalce para ver con máis profundidade todo o referido á catedral compostelana





















Tamén comimos no claustro do Seminario Maior de San Martín Pinario e visitamos o museo. Polo medio, pasamos a Porta Santa e fixemos algo de turismo. Unha xornada longa pero creo que productiva, aínda que máis de un botara de menos ir a algún centro comercial. Agora deixovos un video onde podemos ollar a grandiosidade da igrexa de San Martín Pinario, así como o museo. No video non aparece Elena, a nosa fenomenal guía, a quen lle temos que agradecer as explicacións que nos dou na visita



E para rematar, as mellores fotos da nosa visita. Supoño que todo se pode mellorar, pero creo que no se conxunto foi unha excelente saida e unha boa forma de gañar o Xubileo. Volvo a agradecer o traballo de Daniel, atento a todos nos durante toda a xornada. Espero que vos gusten as fotos

1 comentario:

PABLO dijo...

Os de segundo moi atentos na catedradal