jueves, 29 de abril de 2010

Unhas cantas películas sobre o tema que estamos ( e I) estudiando en clase de 4º da ESO

A primeira das películas que vos poño é un pouco descoñecida, máis que nada porque non está feita polos norteamericanos polo que a súa publicidade foi mínima no noso país. O filme chamase

Hermandad en guerra (Taegukgi hwinalrimyeo) e esta un das críticas que aparece na web

Otro de los elementos que me parece hacen muy valiosa esta película es que es la Guerra de Corea contada por los coreanos y no por los estadounidenses, quienes siempre se las dan de guerreros heróicos cuando se hablan de ella. En esta película, los coreanos cuentan su propia tragedia a través de la historia de dos hermanos que se miran involucrados en una guerra en la cual nunca se hubieran involucrado por voluntad propia y cómo esa guerra se convierte en un drama lleno de llanto y sacrificio personal. Los estadounidenses quedan en un mínimo último plano, y apenas sabemos de ellos por una noticia de radio que anuncia su intervención, así como la de 100 mil efectivos chinos que entran para apoyar a las fuerzas de Corea del Norte.


Outro dos conflictos da Guerra Fría é a archicoñecida guerra de Vietnam. Onte na clase comentamos que foi un conflicto que deixou moi "tocados" ós norteamericanos. Deixovos un fragmento da peli de Tom Hanks, Forrest Gump

martes, 27 de abril de 2010

As constitucións españolas.Artai 2

Trabllo feito por Manuel Suárez, Roberto Molk e Adrián Vilanova

Outro traballo do grupo de 4º da ESo

A semana pasada, o xoves, un día antes do famoso festival do colexio, os alumnos de 4º de ESO entregaban un traballo sobre todas as constitucións españolas dos séculos XIX e XX. O primeiro grupo en entregar foi o de Nerea, Noelia, Andrea Muíño e Andrea Rodríguez. Deixoo aquí para que lle botedes un vistazoCheck out this


SlideShare Presentation:

martes, 20 de abril de 2010

Outro xogo para os alumnos de 3º de ESO

Comezo a tarde un pouco enfadado, estiven corrixindo os últimos exames de recuperación, onde como sempre hai de todo, e os traballos de Xeografía. Podo dicir, que en xeral estaban ben e hai boas notas, pero hai un par de traballos que....Con toda a información que hai na rede e poñer como conselleiros actuais a políticos xa mortos, non sei, non sei. Deixovos este xogo de capitais para que sigades practicando
Posted by Picasa

lunes, 12 de abril de 2010

A II Guerra Mundial

Comezamos tema en clase de 4º de ESO e voltamos a ter o mundo en guerra. Vamos dunha para outra, da Gran Guerra pasamos á Guerra Civil e agora toca a II Guerra Mundial. Si buscades en internet tedes información para dar e tomar, películas, documentais, fotos, webs especializadas,... Para comezar, esta web, http://www.lasegundaguerra.com, ofrece unha información detalladísima sobre o conflicto. Xunto coas noticias da portada, na barra laterla tedes un menu onde podedes ir accedendo a información que precisades.Espero os vosos comentarios e ánimo que xa queda menos




miércoles, 7 de abril de 2010

Historia de España

Xa sei que é un pouco longo, pero o documental vale a pena para achegarse a un dos capítulos da nosa historia, un dos episodios máis sonados. O tema da Armada Invencible é un dos máis debatidos e en moitos casos con certa controversia. Pareceme bastante interesante e espero as vosas opinións


Videos tu.tv


No tema tamén falamos dos famosos Tercios españois, un dos exercitos maís temidos e poderosos da Idade Moderna. Recomendo que vexades a película de Alatriste, protagonizada por Vigo Mortensen, basada nunha das novelas do famoso escritor Arturo Pérez Reverte. Deixovos o final, animadevos a vela enteira

lunes, 5 de abril de 2010

Os de 2º non vos librades

So me quedades vos para rematar as actividades no blog. O último día de clase comezamos a explicar u novo tema, onde nos vamos a centrar na España da século XVI. Neste tema, no apartado de política, explicaremos ós chamados "Autrias maiores".
Para que vaiades poñendo en materia deixovos este cuestionario sobre aspectos realtivos a eses monarcas. A actividade, moi boa, por certo, está feita por Pedro Colmenero
Espero os vosos comentarios e ánimo para mañán
Posted by Picasa

Para os de 4º da ESO

Si para os de 3º da ESO rematan as vacacións, para vos tamén, si ben eles mañan non teñen clase pola tarde polo que van a estar un pouco máis relaxados

O último día de clase rematabamos coa Guerra Civil española, analizando na aula de informática as princiapais particularidades dese conflicto que partiu a España e dous. Deixovos este crucigramade sumamente interesante elaborado polo IES Casas Viejas . Xa comentaredes como vos sae
Posted by Picasa

Xeografía 3º ESO

Xa queda menos para rematar as vacacións. Non é por velo todo negro, pero dende mañá martes ata o mes de xuño toca a parte máis dura do curso, a terceira avaliación, onde toca aprobar ou aprobar.

Para o vindeiro tema, estudiaremos os principais rasgos de Europa, parándonos, sobre todo, na Unión Europea. Para que poñades a proba os vosos coñecementos, deixovos este mapa intercativo e xa comentaredes as puntuacións que vaiades sacando. Vemonos mañán.

MAPA INTERCATIVO DE XEOGRAFÍA
Posted by Picasa