viernes, 28 de octubre de 2011

Vamos de efemérides


Vamos de repaso de datas sinaladas e con historia, aproveitando que esta semana o Concello de Carballo anunciou que celebraba o seu 175 aniversario (1836-2011). Esperando esa data e esa exposición, que supoño que será digna de ver, cruzamos o charco e casi enfrente de nós, está a dama que preside a entrada da cidade cosmpolita por excelencia dende fai 125 anos e que tan ben cantaron ,entre outros, o gran Frank Sinatra. E poñoa,para os de 4º de ESO, porque esa dama e unha deusa romana, Libertas, da cal non falamos na clase de hoxe ( e iso que falamos de deuses) e porque na man que non leva a antorcha, leva unha taboa que fai referencia ó día da Independencia dos EE.UU, o 4 de xullo de 1776. Supoño que algo diso debería sernos coñecido aínda que moitos non o demostraron o pasado mércores, o día do examen.Pero es é outra historia da que xa falaremos outro día...


1 comentario:

PABLO MARIÑO dijo...

a estatatua da libertad estaba inspirada na diosa Libertas. E´sta representábase mediante un gato (símbolo da libertade). Os romanos protexían aos gatos.