viernes, 28 de octubre de 2011

Vamos de efemérides


Vamos de repaso de datas sinaladas e con historia, aproveitando que esta semana o Concello de Carballo anunciou que celebraba o seu 175 aniversario (1836-2011). Esperando esa data e esa exposición, que supoño que será digna de ver, cruzamos o charco e casi enfrente de nós, está a dama que preside a entrada da cidade cosmpolita por excelencia dende fai 125 anos e que tan ben cantaron ,entre outros, o gran Frank Sinatra. E poñoa,para os de 4º de ESO, porque esa dama e unha deusa romana, Libertas, da cal non falamos na clase de hoxe ( e iso que falamos de deuses) e porque na man que non leva a antorcha, leva unha taboa que fai referencia ó día da Independencia dos EE.UU, o 4 de xullo de 1776. Supoño que algo diso debería sernos coñecido aínda que moitos non o demostraron o pasado mércores, o día do examen.Pero es é outra historia da que xa falaremos outro día...


martes, 25 de octubre de 2011

A punto de ser sete mil millóns de personas sobre a Terra

Na edición dixital do xornal "La Voz de Galicia" sae esta nova, pola cal a ONU calcula que a finais deste mes chegaremos á cifra da que falamos na clase neste tema. A esta hora somos,6.998,56 millóns de persoas.


Ver a nova,

La Voz de Galicia

Cinco da tarde e os examenes corrixidos



Fai cinco minutos que rematei de corrixir as probas dos dous grupos de 3º de ESO. Toca un par de minutos de descanso, que levo dende as dúas e media da tarde sen parar. Para facer máis amena a espera e por si non vos vai o correo,deixovos este video musical, de Si Cranstoun que actúa este sábadoSantiago.
i

martes, 18 de octubre de 2011

Mañán, o primeiro examen deste curso

Agora mesmo acabei a correción dos traballos que me entregachedes as semana pasada sobre os continentes, con resultados para todos os gustos. Pero mañán xa os veredes,agora toca centrarse na proba dos dous primeiros temas, que como xa vos dixen non vai a ser nada difícil e de feito dinvos varias pistas para que a proba non sexa tan dura, que por certo, non o é, repito e reitero.

E que pistas vos podo dar?Pois deixovos unha, pero que máis que unha pista é unha verdade ou realidade. Hai que ter moito coidado cos riscos naturais.A ver que vos parece o video da excelente película de Clint Eastwood, "Más allá de la vida". Picade na imaxen e xa me contaredes: