martes, 14 de junio de 2011

Xa queda menos para o fin de curso



O sábado, á tardiña, tiña lugar no colexio, o acto de graduación dos alumnos de 4º de ESO. Non hai que dicir, que é unha das datas máis esperadas por todos, tanto pola festa, como por todo o que rodea ese día. Que si peluquería, que si vestidito, que si festa,...Aínda que non de xeito oficial, o sábado era o primeiro pasao para deixar atrás unha etapa que para moitos comezaba cando con tres anos percorrían as vellas instalacións do colexio Leus, na rúa Álvarez de Sotomayor, naquelas vellas aulas situadas no centro da nosa vila. De cando a ningún dos profesores que estabamos de guardia queríamos ir a vosa clase a facer unha sustitución polo "traviesos" que erades.
As vacacións, o remate do curso aínda será a semana que ven, pero para moitos a cabeza (a cabeza non para, como din na tele) trae recordos, lembranzas, algúnss bos, outros non tan bos, de todos estes anos de convivencia, de estar xuntos na aula, nas excursións, no patio...

Por razóns moi poderosas, este ano non puiden asistir e iso que tiña preparado un discurso no que case todos vós saiades non ben parados de todo, pero xa me dixeron que Javier fixo un moi bo traballo. De todolos xeitos, noraboa a todos e moita sorte na nova andadura

martes, 7 de junio de 2011

Os tempos cambian pero non tanto...






O tempo avanza e parece que todo o vello, que todo o antigo queda moi atrás, moi desfasado. Pero si nos paramos un pouco vemos que non é tanto como pode parecer.

A imaxen de Fraga, co seu mítico bañador MEYBA, bañándose en Palomares (Almería), demostrando á opinión pública mundial que non existía risco algún, despois de que naquela zona caeran bombas nucleares procedentes de varios avións norteamericanos.Corría o ano 1966. O outro video, máis recente, e da conselleira de agricultura de Andalucía, demostrando ó mundo enteiro que o pepino (non vou a poñer como se di en galego) non ten efecto negativo no corpo humano

Xa tedes as notas



Boas tardes a todos; xa tedes as notas na vosa conta de correo de gmail. Están en formato de letra, mañán xa veredes os exames. Mentres abrides o voso correo e para templar os nervos dadelle a play para ver este video. Sorte