martes, 6 de diciembre de 2011

Examenes corrixidos e fin do traballo de hoxe

Rematada a corrrección dos exames de 3ºB e coas notas xa enviadas a vosa conta de correo, aproveito para engadir unha nova entrada n oblog e buscar nesta entrada certa relación co examen feito a pasada semana. Nunha das preguntas, para máis precisión creo que foi a oito, preguntaba polas tres grandes migracións acontecidas na Idade Moderna e Contemporanea. Nesa resposta, un dos apartados facía referencia á que lles tocou sufrir a millóns e millóns de africanos para servir como man de obra esclava en todo tipos de traballos que se realizaban nas colonias. Nese comercio humano, dos maís rendibles do momento. Nese comercio fixeronse moitas fortunas e participaron todo tipo de persoas. O que vos aparece na imaxen, o Marqués de Amboage ( que ten nome de rúas e prazas en varias localidades da nosa provincia) foi un deles. A día de hoxe incluso existe unha fundación adicada a preservas o seu legado.

O que vos prantexo son varias cuestións para subir nota e que tedes que engadir a este artigo:

1º- Onde podemos atopar algunha rúa ou praza que faga referencia a este noble?

2º-Onde se atopa a súa fundación?

3º-Unha breve biografía do Marqués de Amboage e a relación co visto no tema 4.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Fin da xornada laboral de hoxe e notas de 4º xa na libreta


Todo o día corrixindo os exames de onte dos alumnos de 4º; trinta e tres exames de Historia, dos temas tres e catro.Dúas horas pola mañán e catro pola tarde. Non foron bos os resultados, desgraciadamente, pero antes de poñernos de mal humor polas notas, apartado que deixamos para o luns, deixovos un dos primeiros videos de "panxoliñas" para endulzar o ambiente.