lunes, 17 de junio de 2013

Graduación da X promoción do Centro Artai

Manu e Carolina na presentación da graduación
O pasado sábado 15 de xuño realizouse no Centro Artai a graduación dos alumnos de 4º de ESO nun acto que daba comezo ás sete da tarde. Os alumnos da X promoción acudían coas súa mellores galas para recibir o recoñecemento da comunidade educativa e dos propios familiares. O humor, sobre todo na parte inicial por parte de Manu e Carolina, estivo presente durante a hora que durou o acto. 





Lucía e Tania na súa interpretación musical
Tanto Manu como Carlina evocaron cun gran sentido humorístico os anos que estiveron no centro educativo, facendo referencia a boa parte dos profesores que lles deron clase. A segunda parte foi máis emotiva, pois xunto á  interpretación realizada por Tania e Lucía, seguiron unhas sentidas verbas de Mercedes Fraga,nai de Lucía Miranda, a actuación musical de Maica Mariño, nai de Julia Fidalgo e o peche do acto por parte da directora cunhas palabras que emocionaron a máis de un.
Unha vez rematada a graduación, os alumnos posaron cos titores e co resto do profesorado, onde destacaba María Ouro, ex-profesora dos alumnos no seu paso por primaria e actual directora do Colexio Cid na cidade herculina
Os alumnos interpretando a canción de Despistaos




Os alumnos interpretando a canción de Despistaos

Cos titores no exterior do centro

Co profesorado 


No hay comentarios: