martes, 14 de junio de 2011

Xa queda menos para o fin de curso



O sábado, á tardiña, tiña lugar no colexio, o acto de graduación dos alumnos de 4º de ESO. Non hai que dicir, que é unha das datas máis esperadas por todos, tanto pola festa, como por todo o que rodea ese día. Que si peluquería, que si vestidito, que si festa,...Aínda que non de xeito oficial, o sábado era o primeiro pasao para deixar atrás unha etapa que para moitos comezaba cando con tres anos percorrían as vellas instalacións do colexio Leus, na rúa Álvarez de Sotomayor, naquelas vellas aulas situadas no centro da nosa vila. De cando a ningún dos profesores que estabamos de guardia queríamos ir a vosa clase a facer unha sustitución polo "traviesos" que erades.
As vacacións, o remate do curso aínda será a semana que ven, pero para moitos a cabeza (a cabeza non para, como din na tele) trae recordos, lembranzas, algúnss bos, outros non tan bos, de todos estes anos de convivencia, de estar xuntos na aula, nas excursións, no patio...

Por razóns moi poderosas, este ano non puiden asistir e iso que tiña preparado un discurso no que case todos vós saiades non ben parados de todo, pero xa me dixeron que Javier fixo un moi bo traballo. De todolos xeitos, noraboa a todos e moita sorte na nova andadura

No hay comentarios: