miércoles, 27 de octubre de 2010

miércoles, 20 de octubre de 2010

Unha web moi útil para os alumnos de 4º de ESO



Publicousese na páxina do CIDEAD (Centro para a Inovación e Desenroloo da Educación a Distancia) en colaboración co ITE (Instituto de Tecnoloxías Educativas) o material didáctico correspondente ás Ciencias Sociais de Cuarto de ESO. Inclue contidos multimedia e moitas actividades de autoevaluación que poden resultar moi útiles. Si picades na imaxen podedes acceder a asignatura de Ciencias Sociais e dende aí, traballar con exercicios e actividades de repaso do que facemos na aula. Espero as vosas impresións sobre esta ferramenta

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Un video para repasar o tema da Ilustración


Hoxe rematamos na clase o primeiro tema deste curso, iso si con moitas "baixas" por mor da folga. Supoño que sería por iso e non por outro motivo. Os que fomos a clas aproveitamos para rematar o tema e deixar todo preparado para comezar cos comentarios de texto. Deixo este video, algo longo, para que repasedes con imaxes todo o século XVIII no noso país.

martes, 28 de septiembre de 2010

Para repasar as coordenadas xeográficas

Polo que observei na primeira das sesións prácticas, o voso nivel na localización dos puntos está bastante ben. Para que repasedes, deixovos este enlace para que demostredes o que sabedes.

sábado, 4 de septiembre de 2010

Seguimos co mesmo

Sábado pola mañán e botando unha ollada á prensa , descubro na edición dixital de "El País" un monográfico sobre a temida volta ó cole. Moito máis interesante para os pais que para os alumnos, así que vos deixo o enlace para que teñades a mellor perspectiva do comezo do curso.
Pincha neste enlace:





viernes, 3 de septiembre de 2010



Seguimos co traballo de setembro e cavilando como vamos a facer durante o curso 2010/2011, que comezamos dentro de dúas semanas. Para os que xa teñan ganas de traballar e de ir poñendo a cabeza a traballar un pouco, deixovos este enlace para repasar sobre a nosa comunidade autonóma. Si picades no mapa entrades nunha web na que podedes profundizar en aspectos referidos a Galicia. Espero os vosos comentarios e aproveitade as vacacións, que aínda tedes dúas semanas de ocio




miércoles, 1 de septiembre de 2010

Vuelta al cole

Se acabó el verano, se acabaron las vacaciones y volvemos al cole. Algunos de forma prematura para hacer los examenes de septiembre, que como bien sabeis comenzaban hoy. Finalizada mi parte, a primera hora de la mañana para más señas, toca un poco de relax en este nuevo curso.
Para los papas que se toman la molestia de leer este blog, os dejo este artículo que sale een El País, sobre las actividades extraescolares. Es curioso como cambian los tiempos, antes como mucho había las típicas "pasantías" y ahora casi son más las actividades no lectivas.

jueves, 15 de julio de 2010

Unha noticia con historia, aínda que algo podre

Vendo hoxe a edición dixital do diario "El Pais", vexo con asombro a aparición na Zona Cero de Nueva York dos restos dun barco do século XVIII, incluindo a súa áncora de 50 kilos de peso.

Ver noticia enteira


jueves, 1 de julio de 2010

Rematado o curso toca reflexionar

Rematou o curso e vese nas caras dos alumnos, dos pais e dos profes os resultados dun ano que nos deixa paso para pensar. Antes de nada, dar a noraboa a todos os alumnos que aprobaron todo este curso e para os que non, aínda vos quedan dous meses para enderezar o rumbo.

Pero como poño no título, toca reflexionar e pensar sobre o feito e nesa etapa de analise creo que é moi útil para todo o colectivo encargado da educación o visionado deste documental de Punset no excelente programa que é "Redes". O máis doado e botarlle a culpa ós outros.Espero os vosos comentarios, sobre todo dos pais, para quen vai este video

Redes (20/06/10): La revolución educativa


lunes, 14 de junio de 2010

Acto de graduación do curso 2009/2010

O pasado sábado tivo lugar o acto de graduación do curso 2009/2010 no Centro Artai. Tras o acto protocolario de imposición de pins, sacamos unha foto diante da porta dianteira do centro. Deixo no blog a foto

De Graduación Artai 2010

miércoles, 9 de junio de 2010

Non todo vai a ser estudiar

Cada vez queda menos para chegar ó final de curso, dun ano, que para boa parte dos alumnos de 4º de ESO (espero que todos) sexa o último no centro, e non o digo por mal. Antes de chegar á víspera de San Xoan, este sábado temos unha cita moi especial no colexio, coa graduación. Se a memoria non me falla será ás oito do serán.

Despois dos pinchos, para os máis marchosos, comezan oficialmente as festas de San Xoan, co Rockin Praza dende as nove da noite na praza do Concello. Deixovos os videos dos grupos que tocan o sábado .Por certo nos que abren o cartel, os Killer Cats, toca o pai dunha compañeira vosa. Toca saber de quen estou a falar:





viernes, 4 de junio de 2010

Para repasar os de 4º de ESO

Que vos podo poñer ós de 4 de ESO para repasar no examen do luns. É un examen bastante fácil por tratarse dun tema que ademais e do pasado máis recente e que podedes comentar cos vosos pais. Deixovos este video sobre os partidos políticos que se presentaron nas elecións de 1977. Animo e sorte

Para repasar os países

Boas tardes a todos. Aproveitando que un venres pola tarde teño algo de tempo libre, xa vos deixo alguna pista ou "xogo" para practicar para o examen do luns. Este que vos deixo no blog e moi parecido a outro que xa fixemos, pero que non está de máis. Animo e sorte que xa flata menos para rematar o curso