DENDE A GOUBEA
Este caderno de bitácora vamos a usalo como unha ferramenta para completar as actividades da aula e como unha plataforma para que os alumnos poidan mostrar algunhas das actividades que iremos facendo ó longo do curso
Vendo hoxe a edición dixital do diario "El Pais", vexo con asombro a aparición na Zona Cero de Nueva York dos restos dun barco do século XVIII, incluindo a súa áncora de 50 kilos de peso.
Rematou o curso e vese nas caras dos alumnos, dos pais e dos profes os resultados dun ano que nos deixa paso para pensar. Antes de nada, dar a noraboa a todos os alumnos que aprobaron todo este curso e para os que non, aínda vos quedan dous meses para enderezar o rumbo.
Pero como poño no título, toca reflexionar e pensar sobre o feito e nesa etapa de analise creo que é moi útil para todo o colectivo encargado da educación o visionado deste documental de Punset no excelente programa que é "Redes". O máis doado e botarlle a culpa ós outros.Espero os vosos comentarios, sobre todo dos pais, para quen vai este video