viernes, 16 de marzo de 2012

Pista para o examen deste luns-Historia

O 31 de maio de 1906 contraia matrimonio o rei Alfonso XIII e Victoria Eugenia de Battenberg. Cando voltaban do enlace cara o Palacio Real, a comitiva rexia sufría un atentado, como se pode apreciar no video



Pero este so foi un dos múltiples problemas os que tivo que facer fronte nos primeiros anos do seu reinado.

Pista para o examen do luns-Xeografía

Como sempre, polo menos neste curso, poñovos unha pequena pista para o último examen deste trimestre. Dentro das actividades do sector terciario, unha das máis importantes é a referida ó comercio.Este, si lembrades, dividíase en dúas grandes partes, sendo unha delas a que vos debe dar a pista para poder poñelo no examen. 
Lembrade tamén que necesitades o seguinte material para o luns:
  • Papel milimetrado (unha folla)
  • Regra e transportador de angulos
  • Cores
Ánimo e sorte

miércoles, 14 de marzo de 2012

Para repasar a asignatura de Historia

Nesta práctica que elaborei no curso que estou a facer na Coruña estes días ,deixovos dúas actividades de repaso para o examen do luns. Na primeira hai que poñer o nome dos personaxes e na segunda ordenar as imaxes:
.

martes, 13 de marzo de 2012

Para a práctica de xeografía

Deixo un bo video para comezar a práctica de xeografía deste tema, xunto cun par de fotos antigas:




Foto de Carballo no ano 1973

Ponte de Isabel II, anos 20

Feira de Verdillo sobre o ano 1930

Pequenos videos sobre a Guerra Civil

Hai unha iniciativa moi interesante realizada polo profesor Ramón González, do IES Concepción Arenal de Ferrol, dentro do canal que todos coñecedes como Youtube. Si poñedes no buscador Cliphistoria, aparecen fragmentos de películas e documentais relacionados coa temática da Historia de España. Dunha forma moi amena e moi breve, vai seleccionado pezas e clips que nos permiten comprender documentalmente o periodo que queiramos coñecer.

Para a clase de mañán, si nos da tempo, veremos un par destes videos: