lunes, 14 de junio de 2010

Acto de graduación do curso 2009/2010

O pasado sábado tivo lugar o acto de graduación do curso 2009/2010 no Centro Artai. Tras o acto protocolario de imposición de pins, sacamos unha foto diante da porta dianteira do centro. Deixo no blog a foto

De Graduación Artai 2010

miércoles, 9 de junio de 2010

Non todo vai a ser estudiar

Cada vez queda menos para chegar ó final de curso, dun ano, que para boa parte dos alumnos de 4º de ESO (espero que todos) sexa o último no centro, e non o digo por mal. Antes de chegar á víspera de San Xoan, este sábado temos unha cita moi especial no colexio, coa graduación. Se a memoria non me falla será ás oito do serán.

Despois dos pinchos, para os máis marchosos, comezan oficialmente as festas de San Xoan, co Rockin Praza dende as nove da noite na praza do Concello. Deixovos os videos dos grupos que tocan o sábado .Por certo nos que abren o cartel, os Killer Cats, toca o pai dunha compañeira vosa. Toca saber de quen estou a falar:





viernes, 4 de junio de 2010

Para repasar os de 4º de ESO

Que vos podo poñer ós de 4 de ESO para repasar no examen do luns. É un examen bastante fácil por tratarse dun tema que ademais e do pasado máis recente e que podedes comentar cos vosos pais. Deixovos este video sobre os partidos políticos que se presentaron nas elecións de 1977. Animo e sorte

Para repasar os países

Boas tardes a todos. Aproveitando que un venres pola tarde teño algo de tempo libre, xa vos deixo alguna pista ou "xogo" para practicar para o examen do luns. Este que vos deixo no blog e moi parecido a outro que xa fixemos, pero que non está de máis. Animo e sorte que xa flata menos para rematar o curso